Para participar non tes que cumprir máis requisito que facernos chegar a túa obra a acultural. O xeito de facelo se non coñeces a ningún soci@ e porte en contacto con nós através do noso mail (aculturalourense [@] gmail . com) e quedar na cidade para recoller a túa participación.
En breve poremos a túa disposición unha direción na que pasar a deixar a túa obra para que no la fagan chegar.
Bases de Participación:
- Podes empregar calquer soporte que desexes coa única salvedade de que terás que facernos chegar a obra en soporte físico para expor (folio, cartulina, cartón, cadro, lenzo…). Por exemplo se a túa visión é unha foto retocada por computador terás que remitirnos unha copia impresa da mesma.
- Cada participante pode entregar un máximo de 3 obras que non teñen por qué ser do mesmo soporte. Por exemplo podes enviar unha foto, unha maqueta e un cadro.
- Fai a túa obra e ponte en contacto con nós. Así de simple
- A exposición, que terá lugar de forma simultánea en varios locais da cidade de Ourense será a finais de Setembro, tes todo o verao para vivir a cidade e contarnos!
¡¡Anímate a Participar!!