Feeds:
Anotacións
Comentarios

Rematou o certame Ourensevisivo cunha grandiosa gala no noso local sociocultural O Eirociño.

Non faltaron a bebida, os petiscos, os amigos, a alfombra vermella, a etiqueta e até o fantástico fotocol .

Noraboa a Pablo polo triunfo e felicidades a todas e todos os que tivestes unha mención pola vosa participación, agardamosvos na vindeira edición de OurenseVISIÓN no 2009.

Obrigados a Santi e Rebeca pola súa labor organizativa.

Podedes ver todas as fotos no noso Album de fotos

O vindeiro dia 3 de octubro terá lugar as 8:30 do seran no bar O´eironciño a exposición dos traballos presentados neste primer certame do Ourensevisión.

As obras amosan as particulares olladas dos autores sobre a cidade de Ourense e o seu contorno,e permaneceran aproximadamente un mes en exposición aberta pra todo o mundo que as quixera ver.

As obras poderan ser votadas por todos/as persoas que se acheguen a verlas. A que resulte clasificada a primeira recibirá un premio sorpresa.

sem mais esperamos a vosa visita..e lembrade asistir o venres a ignauguración

Hoxe na nosa festa de apresentación a partir das 23:00hrs no Eirociño (Praza do Ferro) aproveitaremos para apresentar as nosas máis recentes iniciativas dende acultural.es

Ademáis de apresenta a nosa asociación cultural, desfrutar dunha festa, unhas cañas e a agradábel compañía de compañeir@s e amig@s apresentaremos a Festa do Perreo para ollar xuntos Eurovisión e esta proposta para partillar as nosas miradas sobre a cidade que demos en chamar OurenseVISIÓN.